jueves, 17 de mayo de 2018

17 de Maio, Día das Letras Galegas...

Encantaríame ser capaz de publicar neste blog unha entrada completa en galego, a miña lingua materna sen fallos gramaticales nin erros ortográficos. Pido desculpas por adiantado aos posibles lectores que coñecen ben esta lingua por habela estudado en profundidade, xa que eu a aprendín na casa, coa miña familia e non me atrevo a ir moito máis lonxe que de estas liñas.

Felicitar a todos os galegos en todo o mundo neste día tan importante. Felicitarvos a todos con este poema de Manuel María titulado "A fala".

"O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo: 
o salouco máis feble, 
o pesar máis profundo. 

O idioma é a vida, 
o cointelo da dor, 
o murmurio do vento, 
a palabra de amor. 

O idioma é o tempo, 
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós. 

O idioma é un herdo, 
patrimonio do pobo, 
máxicamente vello, 
eternamente novo. 

O idioma é a patria, 
a esencia máis nosa, 
a creación común
meirande e poderosa. 

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor, 
o latexo, a verdade, 
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer. 
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!" 

I. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario